Friday 17 de May de 2024

O Concello de Miño lamenta que a Xunta non concedese máis horas para Axuda a Domicilio ata o mércores día 8 a última hora


 

O Concello de Miño lamenta que non foi ata última hora do mércores 8 de abril cando chegou a
notificación da Xunta de Galicia comunicando a ampliación de horas de axuda a domicilio polo estado
de alarma, a pesar de que uns días antes outros concellos xa a tiñan.
Este atraso provoca que a día de hoxe isto sexa só un anuncio porque aínda non é posible operar con estas
horas. “Sabemos que hai veciños que as necesitan, pero non podemos ofrecerlles o servizo se a Xunta atrásase
”, sinala o alcalde, Manuel Vázquez Faraldo. “Mentres non estean reflectidas na plataforma
telemática de servizos sociais isto non existe na realidade”.
Vázquez Faraldo lembra que os servizos sociais son competencia da Administración Autonómica, e
que os concellos só poden xestionar os medios que esta lles facilita e dos que non lles abona o 100%.
Os concellos deben pagar o resto con fondos propios.
No caso de Miño a demanda dos usuarios crece exponencialmente nos últimos anos pero a Xunta
non as incrementa na mesma proporción, polo que a lista de espera é cada vez maior.
En calquera caso, este servizo de horas adicionais de axuda a domicilio é válido só mentres dure o
estado de alarma, recalca o alcalde, polo que unha vez levantado este retirarase. “E o problema seguirá,
aínda que é innegable que agora vén moi ben. Pero non é a solución”.